O colexio San Xoán de Filgueira recibe premios nacionais "pola convivencia dos seus alumnos: xitanos, latinos, chineses". "Aqueles pais que teñen medo de meter os seus fillos nesta escola deberían visitarnos canto antes", di
P. HERMIDA . Galicia Hoxe
Na década dos anos 90, os dedos máis intolerantes sinalaban o colexio San Xoán de Filgueira (Ferrol): grande absentismo escolar entre os nenos de etnia xitana, o inicio do fenómeno da inmigración, os prexuízos sociais... Pero todas as barreiras caeron grazas ó estusiasta traballo dun profesorado coordinado pola directora do centro, Marián López. A súa grande emoción cando recibiu a Insignia de Ouro de Ferrol amosaba a forte implicación psicolóxica para converter o colexio ferrolán nun modelo de integración. Ela queda "co cariño duns nenos que nos enriquecen constantemente".
-O colexio San Xoán gañou o I Premio Nacional de Boas Prácticas de Convivencia do Ministerio de Educación. ¿De que situación partía o colexio cando se pensou este modelo de ensino en valores?
- O fenómeno da etnia xitana iniciouse tras os peches do centro de Catabois e o Chavós, hai 15 anos que todos eses nenos chegaron ó San Xoán. Agora un 25% dos nosos 200 alumnos son xitanos, e dende hai cinco anos asistimos a un boom de diversidade cultural. Temos 16 nenos de moitas nacionalidades: armenios, chineses, países de Latinoamérica... E necesitabamos traballar con ese cambio social, adaptarnos ás necesidades antes de agardar pola resposta das administracións.
-Para fomentar esa igualdade, empezaron por actividades visuais.
-Queriamos normalizar ese choque de culturas, comparando por fotos as diversas cores de pel, dar resposta ante a sorpresa por un novo alumno negro ou chinés. Visualizando a diversidade, os nenos contactan coa realidade e evitan o rexeitamento. Levamos cinco anos e aínda estamos empezando: murais sobre os dereitos, celebracións adaptadas ás distintas tradicións. O visual é o que máis chama a atención dos nenos. Investigamos para coñecer as festas de distintos países equivalentes ó Magosto, as comidas típicas dos días de Nadal, as festas de primavera que coinciden cos nosos Maios. Os traballos realízanse en cada clase e se plasman nun mural final.
-¿E tamén aprenderon os profes?
-Moitísimo, este proceso é moi enriquecedor para nós. Partindo da interculturalidade, os cativos interiorizan os valores de convivencia. O primeiro ano xa o viviron dunha forma moi intensa, e cada vez nos piden más. Este curso iniciámolo cos hábitos saudables e a alimentación, temos un día da leite... E ademais, dedicamos unha hora semanal a titoría en valores: falamos con eles sobre violencia de xénero, sobre evitar o consumismo coidando do material escolar. Agora traballamos para o Día da Paz, cos Oito Obxectivos do Milenio que se representarán no noso Xardín dos Valores. E mesmo sairemos de manifestación. Os nenos gozan con estas titorías, debaten e aprenden a solucionar os seus pequenos conflitos a través do diálogo.
-¿Notaron a evolución dos nenos nestes cinco anos?
-Interiorizaron os valores dun xeito espontáneo. Sempre que teñen un conflito, queren comunicalo para reflexionalo e saber que facer. Todos os cativos están absolutamente integrados, cun gran respecto entre eles. Hai cinco anos chegou un rapaz dominicano que sufriu problemas na súa primeira época. Pero cando marchou, todos os compañeiros choraron por el. O profesorado volcouse ó completo co proxecto, nun traballo moi emocional que os nenos merecen.
-Loitaron contra os prexuízos que pesaban sobre este centro.
-Este colexio foi moi castigado e sinalado pola súa diversidade cultural. A sociedade amosou prexuízos con el, non se esperaba que tivese o mesmo nivel que outros centros. E ó final amosamos que o nivel depende dos alumnos. Agora nos premian por esa integración.
-¿Que lles diría ós pais que temen meter os fillos nun colexio co 25% do alumnado xitano?
-Eses pais con prexuízos deberían visitarnos canto antes. As familias xitanas son estupendas, os inmigrantes teñen carencias que os galegos tamén padecimos cando tivemos que emigrar do noso pais. Eses pais non deben fixarse na cor da pel senón no noso traballo. ¡Que comproben o felices que son os nenos en San Xoán!
"Os cativos poden educar ós pais"
Chegou a San Xoán como profesora de apoio para alumnado de etnia xitana en 1999. "Antes había moito absentismo, e agora só temos cinco expendientes abertos por faltar a clase", confirma. Emociónase cando fala dos seus rapaces, case tanto como cando lle dedicou o último premio á súa familia.
-¿Na súa meta está a igualdade de oportunidades dos seus alumnos nun futuro?
- Por iso traballamos, para que non sexan marxinados. Intentamos que os de etnia xitana se integren, respectando a súa cultura pero recalcando a necesidade de evolución. Os propios nenos poden educar e ensinar valores ós seus pais. Temos unha relación permanente cos pais de nenos xitanos, viven na zona e falamos a diario. Estes rapaces fan amigos no cole e queren aprender. Unha antiga alumna xitana díxome hai pouco que non quería casar ata que rematase de estudar. A revolución do pobo xitano empezará pola muller, como todas as revolucións. Aí radica a importancia da educación.
-¿Que problemas observan os mestres nos nenos deste século?
-O noso centro é modélico, pero nos cativos da sociedade actual vemos un consumismo excesivo, falta de respecto polo medio, individualismo. Os pais deberían ensinarlles a valorar o esforzo para acadar unha meta, a rexeitar o éxito rápido. Os nenos son esponxas e cando maduren valorarán a súa aprendizaxe.

Sem comentários:
Enviar um comentário